Il Concerto intempestivo

31.08

2d4a86_fc368f053dcc4ad89b19ab3c64171951~mv2.jpg copia.jpg

MÁIS

Vox StellaE

07.09

image3.jpeg

MÁIS

Alexia Chrysomalli & Óscar Antolí

13.09

Unknown.jpeg

MÁIS

Per-Sonat

20.09

18 Invisible.jpg

MÁIS

Paulina Ceremużyńska e Manuel Vilas

27.09

foto concerto paulina.jpeg

MÁIS

Suelen Estar Quartet

28.09

Suelen Estar Quarte_ CGAC_ 15-11-20_ ALTA (1).jpg

MÁIS

Rosana Orsini & ensemble freymut

04.10

freymut-by-Theresa-Pewal-232.jpg

MÁIS
 

 

Protocolo de acceso a actividades e concertos

  • Os concertos son de balde e a entrada libre até completar a capacidade, excepto para os concertos en Santo Antoíño de Toques e no Centro Etnográfico do Río Mandeo, que precisan inscrición previa.
  • Nas actividades con prazas limitadas é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas. Deberase indicar expresamente para que data e que actividade se fai a reserva.
  • É precisa unha reserva para cada actividade. Só se admitirán reservas realizadas a través do correo actividades@espazossonoros.org. Calquera solicitude de reserva feita a través de calquera outro medio ou enderezo ou fóra de prazo non será atendida. 
  • Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas. Para a reserva deberase achegar un teléfono de contacto así como o nome completo de cada unha das persoas participantes.
  • O día da actividade deberase presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición. 
A túa colaboración é imprescindible

Lembra que temos que ser responsables co medio ambiente e co patrimonio visitado.
  • Antes de participar nas actividades paralelas, asegúrate de que a ruta se adapta ás túas capacidades físicas en función do percorrido e duración.
Unha vez formalizada a inscrición, procura avisar, no caso de non poderes asistir, co fin de deixarlles a túa praza a outras persoas interesadas. Procura chegar puntual ás diferentes citas.
Lembra que facer fotos ou gravar vídeos pode resultar molesto para as persoas intérpretes e para o resto do público. Por favor, respecta as indicacións que facilite o persoal de produción.
As persoas menores de 18 anos deberán ir acompañadas por unha persoa adulta maior de idade que se faga responsable. Non se recomenda a asistencia de menores de 8 anos, excepto que se trate de actividades especificamente deseñadas para esa franxa de idade. De asistiren, as persoas adultas coidarán, en todo momento, deles.