SONORIDADES BARROCAS PARA CONXUNTO DE SAXOFÓNS

Sax Antiqua

 

Sax_064.jpg     Sax_072.jpg

 

Pablo de Coupau, saxofón soprano
Antonio Felipe, saxofón soprano
Sara Seoane, saxofón soprano
Israel Bajo, saxofón alto
Irene Rodríguez, saxofón alto
Sergio Díaz-Ropero, saxofón tenor
María Luzuriaga, saxofón tenor
Daniel Durán, saxofón barítono
Alberto García, saxofón barítono

 

Domingo 2 de setembro, 19.00 h

Campamento romano de Ciadella, Sobrado (A Coruña)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 17.00 h, visita contextualizadora)

 

Sax Antiqua é un grupo pioneiro pola súa dedicación en exclusiva á interpretación de música barroca arranxada para conxunto de cámara de saxofóns. Integrado por nove saxofonistas profesionais de diversa procedencia, entre os que destaca a galega Sara Seoane, o grupo pretende levar un instrumento moderno, como o saxofón, tradicionalmente asociado á música de jazz, a un ámbito, en principio, alleo como é o da música antiga. 

Desde a súa formación en 2003, o grupo vén desenvolvendo un frutífero labor concertístico que os levou por importantes escenarios da península Ibérica e do resto de Europa, con programas nos que abordan repertorios de autores intemporais como Bach, Corelli ou Purcell, que a formación transforma a través dos seus propios arranxos, devolvéndoos logo adobiados con modernas sonoridades, para que poidan ser saboreados por un amplo público.

 

www.saxantiqua.com

 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos