TRISTEZAS ME MATAN

Capella Sancta Maria


_R8C2376.jpg   _R8C2348_copia.jpg

 

Mónica Monteiro, soprano
Sophia Patsi, contralto
João Moreira, tenor
Peter de Laurentiis, tenor
Romein Bockler, barítono
Joel Frederiksen, baixo
Dir. Enrique López-Cortón
 

Sábado 8 de setembro, 20.30 h

Igrexa de Santa María, Baiona (Pontevedra)

 

Dirixida polo coruñés Enrique López-Cortón e con base en Ámsterdam, a Capella Sancta Maria é un dos conxuntos vocais profesionais europeos máis recoñecidos do momento, que destaca pola súa especialización en música do Renacemento. Composto por un cadro internacional de consagrados cantantes de primeira liña, os seus programas caracterízanse pola súa contribución á revisión e ampliación dos repertorios vocais dos séculos XV e XVI. Capella Sancta Maria ofrece un son cálido e, ao tempo, apaixonado nas súas interpretacións, para lles dar vida a unhas músicas afastadas no tempo, pero próximas na sensibilidade e serenidade que transmiten. 

O programa Tristezas me matan ilustra o momento no que se introduce o estilo franco-flamengo na península Ibérica, a través da figura do insigne Cristóbal de Morales. O título está tomado dunha das súas primeiras misas, unha peza baseada na canción anónima que lle dá nome, practicamente esquecida, que podería ter neste concerto a súa “reestrea” en tempos modernos. Xunto con pezas de Morales, serán interpretadas obras do seu mestre Josquin de Prés e do seu coetáneo Nicolas Gombert.

www.capellasanctamaria.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos