La Macorina

VELLAS LEMBRANZAS, NOVAS HISTORIAS

Europa, África e o Novo Mundo

 

Tunde6.jpg

Alfonso Pacín, guitarra, violín
Tunde Jegede, kora, violonchelo
Rafael Guel, viola de man, percusións
Diana Baroni, canto e traverso

 

Domingo 4 de outubro, 18.00 h

San Lourenzo de Carboeiro, Silleda (Pontevedra)

(Coñece o teu patrimonio: ás 15.00 h, ruta polo carreiro do Deza)

 

“El hilo se ha perdido; el laberinto se ha perdido también. Ahora ni siquiera sabemos si nos rodea un laberinto, un secreto cosmos, o un caos azaroso. Nuestro hermoso deber es imaginar que hay un laberinto y un hilo.” (El hilo de la fábula, Jorge Luis Borges)

Da man deste conxunto ecléctico de virtuosos intérpretes, procedentes de substratos musicais moi diversos e impregnados das máis contrastadas referencias culturais, faremos unha viaxe que nos levará desde o vello continente ata os novos mundos descubertos ou “encubertos” polos colonizadores españois, para poñer de manifesto toda unha linguaxe musical propia, que ten como base o repertorio amerindio indíxena, a tradición musical europea do Renacemento e do Barroco e da rica tradición oral africana, levada ao novo continente por escravos procedentes de África. O programa representa todo un imaxinario arredor da descuberta do novo, dun universo máxico e sensorial nas terras do Novo Mundo. Ritmos e formas barrocas tocados cos instrumentos levados a América polos conquistadores europeos, canda cantos de tradición oral en linguas indíxenas e ritmos subsaharianos ao son dunha evocadora kora, que alumea o universo da tradición griot, farannos redescubrir as paisaxes, os mitos e caracteres das terras e das xentes de diversos continentes.

La Macorina sintetiza á perfección a simbiose entre estilos e culturas que predica nos seus proxectos, de a cabalo entre a historia, a tradición e a contemporaneidade, grazas á confluencia do virtuosismo de Tunde Jegede, o universo rítmico de Alfonso Pacín e Rafael Guel, e a sincera, sutil ao tempo que sensual voz de Diana Baroni. Un programa que convida a tomar o fío das tradicións para internarse nun labirinto imaxinario, onde as fronteiras entre territorios se esfuman ao son da narración de antigas, pero sempre actuais, historias.

www.dianabaroni.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos