Joel Frederiksen

ORFEUS, I AM

Música inglesa, francesa e italiana do Renacemento e do primeiro Barroco

 

Fredericksen.jpg

 

Joel Frederiksen, voz, laúde e arquilaúde

 

Domingo 18 de outubro, 20.00 h

Igrexa de Santa Liberata, Baiona (Pontevedra)


Nacido nos Estados Unidos e asentado desde hai anos en Europa, Joel Frederiksen é cantante e laudista. Cun profundísimo e impresionante rexistro de baixo, é unha desas voces que destacan tamén polo seu gusto e personalidade, calidades que combina harmoniosamente coa súa faceta de instrumentista. Cunha brillante carreira de concertos ao longo de todo o mundo e colaborador de prestixiosas formacións como o Huelgas Ensemble, a Freiburger Baroque Orchestra, Hesperion XX, Musica fiata ou o Ensemble Gilles Binchois, en 2003 fundou o seu propio conxunto, o Ensemble Phoenix Munic, co que gravou varios discos que lle valeron varios premios como o Orphée d'Or 2011, outorgado pola Academia Francesa do Disco Lírico e o premio Echo-Klassic 2013, polo seu disco Requiem for a Pink Moon.

Para a pequena igrexa barroca de Santa Liberata de Baiona, o cantante presenta un recital íntimo de músicas renacentistas e barrocas con obras, entre outros, de Thomas Campion, John Dowland, Tromboncino, Willaer, Biaggio Marini ou Giullio Caccini, nas que se acompaña dun laúde e arquilaúde, conxunto que sorprende polo seu elevadísimo nivel de perfección e, ao tempo, de expresividade, elegancia e franqueza, nunha total ausencia de afectación, tanto na voz coma na interpretación.

 

www.joelfrederiksen.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos