Edición 2015

 

  • Domingo 13 de setembro, 20.00 h

Igrexa de San Nicolao de Cis, Oza-Cesuras (A Coruña)

La Morra

CONCERTO INAUGURAL

 

  • Sábado 19 de setembro, 19.00 h

Colexio de Nosa Señora da Antiga ou do Cardeal, Monforte de Lemos (Lugo)

Coro Vox Stellae e os Menestreis de 1500

(Coñece o teu patrimonio: ás 11.00 h, roldas pola paisaxe organística galega)

 
  • Sábado 26 de setembro, 16.30 h

Refectorio de Santa María a Real de Oseira, San Cristovo de Cea (Ourense)

Obradoiro de achegamento á música antiga

(Coñece o teu patrimonio: ás 15.30 h, visita guiada)

 

  • Sábado 3 de outubro, 19.00 h

A Cantina do Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela (A Coruña)

Escoitas arredor de... Tunde Jegede e Diana Baroni

 

  • Domingo 4 de outubro, 18.00 h

San Lourenzo de Carboeiro, Silleda (Pontevedra)

La Macorina

(Coñece o teu patrimonio: ás 15.00 h, ruta polo carreiro do Deza)

 

  • Sábado 10 de outubro, 19.00 h

Adegas Roandi, O Barco (Ourense)

Quinteto Egeria

(Coñece o teu patrimonio: ás 11.00 h, ruta pola contorna natural e cultural de Éntoma)

 

  • Domingo 11 de outubro, 19.00 h

Santa María de Aciveiro, Forcarei (Pontevedra)

Herbens Consort

(Coñece o teu patrimonio: ás 15.00 h, ruta pola senda das Neveiras)

 

  • Domingo 18 de outubro, 20.00 h

Igrexa de Santa Liberata, Baiona (Pontevedra)

Joel Frederiksen

 

  • Sábado 24 de outubro, 19.00 h

Sala nobre do Museo Massó, Bueu (Pontevedra)

Dúo Fdez. & Quintá

(Coñece o teu patrimonio: ás 12.00 h, xornada arredor da pegada de Lugrís e os Massó na vila de Bueu)

 

  • Mércores 28 de outubro, 20.00 h

Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Concerto-presentación do libro, Xan Tilve, Gaiteiro de Campañó

Óscar Ibáñez trío

Debes ter en conta

Os concertos son de balde ata completar a capacidade.

Nas actividades previas aos concertos, con prazas limitadas sinaladas no catálogo é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas a través do correo electrónico actividades@espazossonoros.org

Cada persoa poderá facer un máximo de catro reservas.

Para a reserva deberase achegar o nome completo de cada unha das persoas participantes, así como un teléfono de contacto.

O día da actividade ou concerto deberase entregar impresa a mensaxe recibida por correo electrónico coa confirmación da inscrición.

Non se lle permitirá a entrada a ningunha persoa que non estea inscrita previamente.

COMO CHEGAR:

Para coñeceres a localización de cada un dos espazos, busca en Googlemaps o mapa de Espazos Sonoros 2015.

 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos