Despedimos unha edición máis, ata pronto!

243564995_4700219246711906_7217437088091075084_n.jpg

O domingo 24 despedimos unha edición máis do festival Espazos Sonoros, cun conccerto no MUNCYT. Foron catro fins de semana e seis concertos ao longo de diferentes espazos da provincia da Coruña, na compaña dun cada vez máis afianzado e nutrido público, disposto a seguirnos a través do patrimonio e das músicas. Despedímonos até o ano que vén e, xa sabedes, seguide as indicacións do letreiro ;-)

Almalé en San Pedro de Soandres

Almalé copia.jpeg

O sábado 23, terá lugar o concerto do grupo Almalé co programa Hixa mía, na irgexa de San Pedro de Soandres, en A Laracha. Un programa que mistura sons barrocos co jazz, as músicas do mundo e a lírica sefardí. Os concertos son de balde e entrada libre até completar capacidade. 

Máis

Peche de edición co Grupo Instrumental SXX e Erea Blanco no MUNCYT

Erea Blanco  copia.jpg

O domingo 24 terá lugar, no MUNCYT, o acto de clausura da edición 2023 do Festival Espazos Sonoros. Será cun concerto co suxestivo título Música ou Matermáticas?, interpretado polo Grupo Instrumental S.XX, dirixido por Florian Vlashi, coa colaboración da clavecinista Erea Blanco.

Máis

Completa a cota de prazas para participar na Ruta de Gabenlle

2023-05-02 17.35.02.jpgCompleta a cota de prazas para participar na Ruta de Gabenlle e muíños do río Anllóns, que terá lugar o sábado 23. É posible inscribirse en lista de agarda. Inscricións en actividades@espazossonoros.org

As Cartas de Hildegard con Maria Jonas e o grupo Ala Aurea en San Martiño de Xuvia

Maria_Jonas_2346.jpeg

O sábado 16 de setembro, terá lugar o concerto do grupo Ala Aurea, formado por Maria Jonas, canto, Susanne Ansorg, fídula e Manuel Vilas, arpa, co programa as Cartas de Hildegard, con música dunha das figuras máis fascinantes do seu tempo e referencia imprescindible da presenza da muller na música e na literatura da Idade Media, a abadesa bieita Hildegard von Bingen.

Máis
 

Completa a cota para a visita Guiada en San Martiño de Xuvia

San Martiño de Xubia40 copia.jpeg

Completa a cota para participar na visita guiada polo mosteiro de San Martiño de Xuvia, dentro da actividade Unha tarde con Hildegard. Posible inscrición en lista de agarda. A asistencia ao concerto de Ala Aurea (19.00h) e á conversa previa con Maria Jonas (ca 18.00) son de entrada libre até completar capacidade. Inscricións a través de actividades@espazossonoros.org

Prazos de inscrición para vindeiras actividades

MUNICYT para ES107.JPG

Do 19 ao 21 de setembro, estará aberto o prazo para inscribirse nas actividades "Ruta de Gabenlle e muíños do río Anllóns" e "Visita guiada polo MUNCYT", que terán lugar o sábado 23 e domingo 24 de setembro. Reservas a través de actividades@espazossonoros.org. Os concertos e Almalé e GISXX&Erea Blanco son de entrada libre até completar capacidade.

Completa a cota de prazas para a Ruta marítima polas baterías de Fisterra

IMG_4600.JPG

A cota de prazas para participar na Ruta marítima polas baterías de costa de Fisterra está xa completa. Porén, aínda é posible a inscrición en lista de agarda en actividades@espazossonoros.org.

Continúa aberto o prazo para a inscrición no Obradoiro de Achegamento á Música Antiga do día 3, que inclúe o concerto do grupo Capella Sancta Maria, a visita guiada ao que foi Mosteiro de Santa Catalina e a participación no obradoiro. 

Concerto do Huelgas Ensemble en Santa María dos Ánxeles

2XXX-X Luk Van Eeckhout_Leuven 01 copy.jpeg

O sábado 9 de setembro, terá lugar o concerto do Huelgas Ensemble, dirixido por Paul Van Nevel, co programa  O soño de Poliphilo. Será ás 19.00 h, na igrexa de Santa María dos Ánxeles de Brión. Os concertos son de balde e entrada libre até completar capacidade.

Máis

Unha tarde con Hildegard

Hildegard-of-Bingen ©Liber-Divinorum-Operum_III-2_Lucca_MS_1942_fol_121v copia 2.jpeg

Do 12 ao 14 de setembro estrá aberto o prazo para a inscrición na actividade Unha tarde con Hildegard, que inclúe unha visita guiada ao mosteiro de San Martiño de Xuvia. Reservas a través de actividades@espazossonoros.org. O concerto de Ala Aurea é de entrada libre até completar capacidade.

Abertos prazos de inscrición para os días 2 e 3 de setembro

‎Sin título.‎001.jpeg

O Día 29 de agosto abre o prazo para inscribirse na "Ruta polas baterías de costa de Fisterra", que terá lugar o día 2 de setembro, e no "Obradoiro de achegamento á música antiga", que terá lugar o 3 de setembro. É precisa unha reserva para cada actividade. Cada persoa poderá reservar un máximo de catro prazas. Para a reserva deberase achegar un teléfono de contacto así como o nome completo de cada unha das persoas participantes. Reservas a través de actividades@espazossonoros.org 

 

Concerto de A Pedreira na Lonxa de Fisterra

ugi_retouch_final (1).jpeg

O vindeiro sábado 2 de setembro, terá lugar o concerto inaugural do festival, co proxecto Basal de A Pedreira. Será ás 19.00 h, no espazo da Lonxa de Fisterra. Os concertos son de balde e entrada libre até completar capacidade.

Máis

Nova edición do Obradoiro de achegamento á música antiga

Capella Sancta Maria - 5.jpg

O domingo 3 terá lugar, en Santa Catalina de Montefaro, unha nova edición deste xa decano apartado da programación, nun obradoiro participativo sobre a voz como instrumento. O obradoiro comezará ás 12.00 h, nunha xornada na que teremos tamén oportunidade de visitar o espazo de Santa Catalina e escoitar, en concerto, ao conxunto vocal Capella Sancta Maria, dirixida por Enrique López-Cortón.

Máis

Presentouse a edición 2023

IMG_5598 3.jpeg

Hoxe tivo lugar a presentación en rolda de prensa, celebrada na sede da Deputación da Coruña, da programación do festival Espazos Sonoros na súa edición 2023, nun acto no que estiveron presentes o deputado provincial de Patrimonio e Contratación, Xosé Luís Penas Corral e a Directora artística do festival, Belén Bermejo.

Catro semanas de programación

Lonxa redes.jpeg

Do 2 ao 24 de setembro desenvolverase unha intensa programación de concertos e actividades en espazos como a Lonxa de Fisterra, San Pedro de Soandres, San Martiño de Xuvia ou o MUNCYT. O Huelgas Ensemble, Ala Aurea, Almalé, Ugia Pedreira serán entre outras as formacións encargadas de poñer música a esta edición.

Prazos de inscrición

➡️ Ruta marítima polas baterías de costa de Fisterra, do 29 ao 31 de agosto

➡️ Obradoiro de achegamento á música antiga, do 29 ao 31 de agosto

➡️ Unha tarde con Hildegard no mosteiro de San Martiño de Xuvia, do 12 ao 14 de setembro

➡️ Ruta de Gabenlle e muíños do río Anllóns, do 19 ao 21 de setembro

➡️ Visita guiada polo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, do 19 ao 21 de setembro

Inscricións a través de: actividades@espazossonoros.org

Os concertos son de balde e entrada libre até completar capacidade 

COMO CHEGAR

Para coñeceres a localización de cada un dos espazos busca en Googlemaps o mapa de Espazos Sonoros 2023

google-maps-.jpeg

DESCARGA O CATÁLOGO COA PROGRAMACIÓN

LR_catalogo_ES2023 (arrastrado).jpg

Protocolo de accesos a concertos e actividades

Os concertos son de balde e a entrada libre até completar a capacidade. Nas actividades con prazas limitadas sinaladas no catálogo é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas. Só se admitirán reservas realizadas a través do correo actividades@espazossonoros.org

MÁIS

Facebook_f_logo_(2019).svg.png

Instagram_logo_2016.svg.png

Unknown-1.png

AF_logosWeb_ES23.png