Inscrición para a vista ao Centro Etnográfico do Río Mandeo e paseo sonoro polo Río Carregal
Do 23 ao 25 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse na visita ao Centro Etnógráfico do Río Mandeo e paseo sonoro polo río Carregal da man do Suelen Estar Quartet, que terá lugar o día 28. O prazo ábrese ás 00.00 h do día 23. Inscricións a través do correo actividades@espazossonoros.org.
Completa a cota de prazas para asistir ás actividades e concerto en Toques
Completouse a cota de prazas para as visitas e o concerto en Santo Antoíño de Toques. É posible inscrición en lista de agarda!
A soprano Rosana Orsini e o ensemble freymut pechan o festival
Esta semana clausuraremos a edición 2025 de Espazos Sonoros cun concerto por todo o alto da soprano Rosana Orsini acompañada do ensemble freymut, no Teatro de Beneficencia de Ortigueira.
Rematado o concerto, e como sorpresa e peche do festival, poderemos asistir a unha cata das mellores empanadas do obrador de Lourdes Pasalodos Empanadería Cantón, que veñen de acadar no Forum Gastronómico o premio á mellor empanada.
A degustación será posible grazas á colaboración da Área de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña e da Concellería de Cultura do Concello de Ortigueira.
Concerto terá lugar o sábado 4 ás 20.00, e é de balde e entrada libre até completar capacidade.
Don Tristán en Hispania
O sábado 27 terá lugar o concerto da cantante Paulina Ceremuzynska, acompañada polo arpista Manuel Vilas, cun programa que nos achegará o lendario mundo da épica cabaleiresca e do amor cortés a través da historia de Tristán e Iseo. Será na igrexa de Santo Antoíño de Toques.
(Para a sistencia ao concerto e visitas previas é precisa inscrición, do 23 ao 25 de setembro, en actividades@espazossonoros.org)
Inscrición para a visita ao castro da Graña e igrexa de Santo Antoíño de Toques
Do 23 ao 25 de setembro, estará aberto o prazo para inscribirse nas visitas ao castro da Graña, á igrexa de Santo Antoíño de Toques e concerto de Paulina Ceremuzynska e Manuel Vilas, que terán lugar o día 27. O prazo ábrese ás 00.00 h do día 23. Inscrición a través do correo actividades@espazossonoros.org.
Metamorfose co Suelen Estar Quartet
O grupo galego Suelen Estar Quartet achegaranos, o día 28, á obra da compositora Caroline Shaw, cunha proposta intimista de enfoque innovador, que se materializará a través dun paseo sonoro polo río Carregal, situado na contorna do Centro Etnógráfico do Río Mandeo.
(Para a sistencia á visita ao Centro e paseo sonoro é precisa inscrición, do 23 ao 25 de setembro, en actividades@espazossonoros.org)
Inscrición para participar na actividade Muros mira o mar
Do 16 ao 18 de setembro, estará aberto o prazo para inscribirse na actividade "Muros mira o mar: unha ollada ao patrimonio histórico e industrial de Muros", que terá lugar o día 20. O prazo abrirase ás 00.00 h do día 16. Inscricións a través do correo actividades@espazossonoros.org.
Celebrouse con éxito o segundo serán galego en Viena
Celebrouse en Viena o segundo serán galego dentro do festival ViertelBarock en colaboración co festival Espazos Sonoros. No acto estiveron presentes representantes do Seviten Viertel do distrito 9., da Embaixada Española e do Arquivo Fonográfico da Academia das Ciencias. Un cheo total para celebrar con música a cultura, a lingua e a literatura galegas. Xa pensando na terceira edición!
COMPLETA A COTA DE PRAZAS PARA a actividade Muros mira o mar
COMPLETA A COTA DE PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NA ACTIVIDADE MUROS MIRA O MAR. É posible a inscrición en lista de agarda.
O concerto é de entrada libre até completar capacidade.
Alexia Crhisomally & Óscar Antolí
Alexia Chrysomalli, unha carismática cantante e compositora grega, actuará este sábado 13 canda o polifacético músico Óscar Antolí, no espazo museístico do Estaleiro do Ciprián, en Outes. Será ás 19.00 h, co programa Thalassa.
(Concerto de balde e entrada libre até completar capacidade)
Inscrición para participar na Ruta dos Carpinteiros cos pés mollados
Do 9 ao 11 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse na actividade "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados" que terá lugar o día 13 en Outes. O prazo abrirase ás 00.00 h do día 9. Inscricións a través do correo actividades@espazossonoros.org.
Mulleres peregrinas e os seus cantos con PER-SONAT
Este sábado 20, ás 19.00 h, estará o grupo Per-Sonat, dirixido por Sabine Lutzenberger, no Santurario da Virxe do Camiño de Muros, co programa A Peregrina-Mulleres pereginas na Idade Media e os seus cantos, con obras do Llibre Vermell, Códice de Las Huelgas, Códice Calixtino e do Laudario de Cortona.
(Concerto de balde e entrada libre até completar capacidade)
Vox Stellae en Bares
O domingo 7 de setembro ás 17.30 h, o coro Vox Stellae, baixo a dirección de Luís Martínez, estará na igrexa de Santa María de Bares interpretando o seu programa Palestrina: Princeps Musicae, na celebración dos 500 anos do nacemento dunha das máis relevantes figuras da historia da música, Giovanni Pierluigi da Palestrina.
(Concerto de balde e entrada libre até completar capacidade)
Inscrición para participar na ruta de Bares
Do 3 ao 5 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse na actividade "Cara o Norte. Xornada en Bares e visita ao faro". O prazo abrirase ás 00.00 h do día 3. Inscricións a través do correo actividades@espazossonoros.org.
Continúa a colaboración co festival ViertelBarock
Logo dunha primeira experiencia exitosa, Espazos Sonoros continúa a súa colaboración co festival ViertelBarock de Viena. Este venres 5 de setembro, ás 20:00 h, terá lugar o segundo Serán Galego en Viena. Este Serán Galego nace como un espazo de encontro e diálogo intercultural para promover a nosa lingua, cultura e patrimonio noutros contextos, e para visibilizar o galego como vehículo de expresión artística.
Esta edición dedicámola á cultura de tradición oral galega e ao legado de Dorothé Schubarth, orixinariamente depositado en Viena no seu arquivo fonográfico. Músicas e músicos de procedencias diversas únense para vivir a música e a cultura galegas cun espírito colectivo e festivo, no marco único do Palais Festetics (Distrito 9).
Concerto inaugural con Il Concerto Intempestivo
O día 31 abrirá a programación de Espazos Sonoros 2025, con esta formación emerxente composta por Rahel Boell, violín, Jaume Guri Batlle, violín, Rebecca Krieg, violonchelo e o galego Eliot Xaquín Dios, clave. O programa achega unha novidosa reconstrución do famoso ballet, A Consaración da Primavera, de Igor Stravinsky empregando pezas programáticas de compositores barrocos, arranxos e novas composicións “en estilo”. Será ás 20.30 h na igrexa do convento de Santo Antonio de Herbón.
(Concerto de balde e entrada libre até completar a capacidade)
Inscrición para participar nas vistas a Herbón
Do 26 ao 28 de agosto estará aberto o prazo para inscribirse na visita ao conxunto conventual de Santo Antonio de Herbón e á igrexa románica de Santa María, que terá lugar o 31 de agosto. O prazo abrirase ás 00.00 h do día 26 a través do correo actividades@espazossonoros.org
Completa a cota de prazas para as visitas en Herbón
COMPLETA A COTA DE PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NAS VISITAS A HERBÓN!!! A listaxe de agarda queda tamén completa ao superarse o número de prazas estimadas.
O concerto na igrexa é de entrada libre até completar capacidade.
Presentouse a edición 2025
Presentouse en rolda de prensa celebrada no Centro Etnográfico do Río Mandeo, en Curtis, a programación do festival Espazos Sonoros na súa edición 2025, nun acto no que estiveron presentes o Deputado Provincial de Patrimonio e Contratación, Xosé Luís Penas Corral e a Directora artística do festival, Belén Bermejo, xunto a María José Pámpano, integrante do Suelen Estar Quartet, que puxo música ao acto, e o alcalde do concello de Curtis, Javier Francisco Caínzos.
Seis semanas de programación
Do 31 de agosto ao 4 de outubro desenvolverase unha nova programación de concertos e actividades en espazos como O convento de Herbón, o Faro de Estaca de Bares, o Estaleiro do Ciprián, en Outes, a paisaxe cultural e industrial de Muros, Santo Antoíño de Toques.
Per-Sonat, Alexia Crhysomalli & Óscar Antolí, Il concerto intempestivo, Vox Stellae, Paulina Ceremużyńska e Manuel Vilas, o Suelen Estar Quartet, Rosana Orsini e o ensemble freymut, serán as formacións protagonistas desta edición.
Prazos de inscrición
➡️ Visita ao conxunto conventual de Santo Antonio de Herbón e á igrexa románica de Santa María, do 26 ao 28 de agosto
➡️ Cara ao Norte. Xornada en Bares e visita ao faro, do 3 ao 5 de setembro
➡️ Ruta dos carpinteiros cos pés mollados, do 9 ao 11 de setembro
➡️ Muros mira o mar: unha ollada ao patrimonio histórico e industrial de Muros, do 16 ao 18 de setembro
➡️ Visita ao castro da Graña e á igrexa de Santo Antoíño de Toques, do 23 ao 25 de setembro
➡️ Visita ao Centro Etnógráfico do Río Mandeo e paseo sonoro polo río Carregal, do 23 ao 25 de setembro
Inscricións a través de: actividades@espazossonoros.org
COMO CHEGAR
Para coñeceres a localización de cada un dos espazos, busca en Googlemaps o mapa de Espazos Sonoros 2025
Protocolo de accesos a concertos e actividades
Os concertos son de balde e a entrada libre até completar a capacidade, excepto para os concertos en Santo Antoíño de Toques e no Centro Etnográfico do Río Mandeo, que precisan inscrición previa. Nas actividades e concertos con prazas limitadas é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas a través de actividades@espazossonoros.org MÁIS